Asociación Xuve...'s profileAsociación Xuvenil Xirad...PhotosBlogListsGuestbook Tools Help
¡Hola a tod@s e gracias por visitarnos!

Este recuncho, que empezou sendo un libro de visitas (sen ningunha firma por certo), transformouse nas últimas semanas nun caderno no que os nosos visitantes dan conta dos seus recordos, anécdotas, contos e demáis historias relacionadas con Xiradela.

Considerando que a motivación xeral do blog non é outra que a de dar a coñecer a Xiradela no mundo, caín na conta de que non hai mellor forma de facelo que a través das experiencias das súas xentes. Así pois,  abrimos aquí un caderno de "Recordos, anécdotas e outras historias" no que recoller todas as vosas lembranzas relacionadas con Xiradela. Podedes empezar polas vosas impresións sobre a Gala, como xa fixemos outros, ou por onde vos queirades ¡Agardamos a vosa participación!

¡Saúdos!

Comments (31)

Please wait...
Sorry, the comment you entered is too long. Please shorten it.
You didn't enter anything. Please try again.
Sorry, we can't add your comment right now. Please try again later.
To add a comment, you need permission from your parent. Ask for permission
Your parent has turned off comments.
Sorry, we can't delete your comment right now. Please try again later.
You've exceeded the maximum number of comments that can be left in one day. Please try again in 24 hours.
Your account has had the ability to leave comments disabled because our systems indicate that you may be spamming other users. If you believe that your account has been disabled in error please contact Windows Live support.
Complete the security check below to finish leaving your comment.
The characters you type in the security check must match the characters in the picture or audio.

To add a comment, sign in with your Windows Live ID (if you use Hotmail, Messenger, or Xbox LIVE, you have a Windows Live ID). Sign in


Don't have a Windows Live ID? Sign up

Boas menudo grupazo moitos bikos
Dec. 10

Boas, ou como dixo Victor Iglesias noutra hora… “miñas donas meus señores, aquí comenza o contame un conto…”

 

Pois iso, que a gala xa vai alo, que o pasei moi ben e que me divertin moito nela. Levo recordos bos, moi bos e cojonudos. Pero sobre todo, o que mais me embriagou nesta gala son as ganas de bailar, e vela aquí este mensaxe.

 

Sei que quedou mais xente coma min, xente que xa deixara de bailar facia tempo pero que estarian encantad@s de ter unha clase para poder bailar en fin de curso jajajaja, e no dia da muiñeira!!!!!!!!!

 

Asi que eu encabezo a lista:

Alberto ( o fillo de Chucho do sexto, e Fina do Pato)

 

 

Animo que xa e Nadal e non cegamos para fin de curso, esto non pode enfriar!!!

 

Un saudo a todos.

 
Dec. 7
Xa chega o Nadal. Ou mellor dito, xa é tempo de Nadal. Chegar, chegou fai uns días. E preparar, lévannos preparando dende fai case un mes, que é cando comezamos a recibir un interminable bombardeo de anuncios por obra e gracia de compañías xogueteiras e similares ou cando asistimos incrédulos á colocación das luces nalgúns lugares. Aínda que a min, que recoñezo non terlle moitas simpatías a estas festas, sempre me diu a sensación de que no momento en que acaban, alá polo 6 de xaneiro, xa se nos comeza a preparar para as seguintes. Porque senón, ¿a qué ven o de que no mes de xullo ou agosto xa haxa carteis: "Hai lotería de Nadal"?

En fin, por aquelo de ir en concordancia coa época na que estamos, vou a falar dos meus recordos sobre o Nadal en Xiradela. O primeiro que se me ven a memoria é o Belén. Sobre o Belén de Xiradela todos poderiamos contar algunha historia, seguro, pero, ó final, todo se reduce a "¿onde colocaron este ano 'ó señor caghando'?" (o de caganer deixámosllo os cataláns). Aqueles que algunha vez tiveran que axudar na súa montaxe, entre os que me inclúo, dirán aquilo de que tamén habería que recordar os viaxes na busca de carriza ou de area, ou as visitas ás librerías en día festivo para tratar de atopar que se unha cartulina, que se papeis para decorar, ou eu que sei o qué. Pero todo iso queda nun segundo plano cando chegamos a Xiradela e descubrimos que o Belén está montado. Nese momento emerxe o noso eu máis escatolóxico e, ó tempo que busca ávidamente entre as distintas figuriñas, pregunta:

-¿Dónde está el señor cagando? ¿Eh?

E sempre, sempre hai resposta. Iso sí, a resposta vai variando co paso das semanas, porque outro dos nosos costumes é facer que a figura en cuestión sexa itinerante. Que se move máis que os Reis Magos, vamos.

¿E o árbol de Nadal? Porque sí amigos, tamén poñemos árbol de Nadal. ¿A que non vos derades conta? O que pasa e que con tal de que haxa un Belén cun fulano caghando xa estamos satisfeitos, e non miramos nada máis. É o que hai.

Sigamos co repaso: os concursos de Beléns. Aiiiiiiii, cantos artistas vos houbo e hai en Xiradela!!!!  E tamén xente preocupada polo medio ambiente (que aprenda Al Gore!!!) que xa por aquel entón reciclaba. Porque alí había de todo: beléns de plastilina, debuxos de Papá Noel coas barbas cheas de algodón, mostras de cómo poder ser creativo cos canutos do papel hixiénico ou con froitos secos, debuxos de clásicas esceas de Nadal, colages nos que a Virxe era a Pantoja e o neno Xesús Michael Jackson e ata un nacemento no que cada figura era un coche de xoguete. A orixinalidade ó poder. Dende os máis cativos ata os que xa non o eran tanto presentabamos os nosos traballos que quedaban expostos no local de Xira para que todos puideran ver o aplicadiños que eramos. E a nós dábanos dereito a irmos á festa de Nadal de Xiradela. Qué ben o pasabamos!!! Entre a merenda, os xogos, as actuacións estelares dalgún espontáneo (¡canto me teño rido cos "Xiradeliños" e os seus bonecos estilo Emilio Aragón en VIP Noche!) e/ou a película daba para unha tarde moi entretida. E antes de marchar, dábannos un agasallo. Algún deles aínda debe andar pola casa. Para min formaban parte da recadación que obtiña polo meu cumpreanos, que cadra por esas datas.

E para ir rematando, non podo deixar de falar das festas que nos facía Gabri o último día de baile do ano. Ensaiabamos durante 45 ou 50 minutos e mentres nos mandaba ó recreo, ela poñíase a colocar as mesas e as cousas para a festa. Cando voltabamos anunciaba que xa non iamos a bailar máis por aquel día e que tocaba celebrar o Nadal. E así era: mentres desfrutabamos da merenda preguntábanos polas notas ou por qué lle pediramos os Reixes ou a Papá Noel. Cando medramos un pouco, toda esta cerimonia sufriu algúns cambios (aínda que as preguntas polas notas non faltaban): o brindis con champán ou, se cadra o máis importante, a introducción do "amigo invisible". Como poderedes imaxinar o feito de ser xunto co meu querido Rubén o único neno do meu grupo, facía de min (de nós) o obxectivo perfecto para as bromas das nosas compañeiras. Recordo que un ano ata nos regalaron e fixeron probar alí mesmo un calzón vermello a cada ún. Qué rapazas aquelas!!!

Para non ser amigo destas festas teño moito que contar delas ¿non vos parece? En fin, aquí remato o conto por hoxe (desta vez estendinme máis da conta).
Saúdos a todos.  E
 
¡¡¡¡¡BO NADAL!!!!!
Dec. 5
Aínda que, como Cachichi, estou un pouco sorprendido, ofrezo as miñas desculpas a todo aquel a quen lle puidera faltar co meu último comentario, pero eu tamén considerei que eran bastante evidentes os termos nos que se facía a "ameaza". E dende logo non creo que incluiran a intención de faltar a ninguén.

De tódolos xeitos e para que quede claro: PERDÓN!!!!!!

E bicos e apertas para todos!!!!
Dec. 3
Picture of Anonymous
Cachichi wrote:
Estimad@ "sen nome"!!!
Non pretendín, e seguro que o meu querido Caml tampouco, facer sentir mal a ninguén...e ate pensei que as miñas liñas non iban a facer mal a ninguén xa que o tono jocoso está bastante presente en todos os meus comentarios...(conste que un bo amigo di que o malo de internet e que non se escoita o tono de voz co que estas a escribir...).
De todos os xeitos, estou ben seguro de que o que dis tampouco o fas con ganas de abroncarnos, así que pola miña parte...ofrezo as miñas disculpas a todos e a ti (eso sí, non me fales de sortes do tipo das que escribes...di un amigo maño que "cada uno es cada uno y K2 una piragua"...con eso dígocho todo) e remato o tema pola miña parte...(ainda que recoñezo que me quedo un pouco flipao pero...en fin!!...tomarei un respiro ou un kit-kat...ou un pequeno letargo).
Moitos bicos e apertas a tod@s...
 
 
 
 
Dec. 2
<< First    < Previous    Next >    Last >>