Asociación Xuve...'s profileAsociación Xuvenil Xirad...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    February 20

    X CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL DA A.X. XIRADELA

    X CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

     

    GRUPOS DE PANDERETEIRAS

    CUARTETOS DE GAITAS

    GAITEIROS SOLISTAS

     

    BASES

     

    1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

     

    2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión).

     

    3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:

     

    CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

    CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

    CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

    CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

    Nas modalidades de cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas, haberá unha soa categoría sen límite de idade.

     

    4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

     

    5. Os participantes poderán concursar en tódalas modalidades, sen embargo non poderán concorrer en máis dun grupo en cada unha delas. Na modalidade de cuartetos de gaita, sí poderán participar en máis dun grupo, sempre e cando non sexa tocando o mesmo instrumento.

     

    6. Os premios serán os seguintes:

    PANDERETEIRAS:

    CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 €

    2º premio: Trofeo e 150 €

    3º premio: Trofeo.

    Premio ó mellor vestiario en cada categoría

     

    CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 €

    2º premio: Trofeo e 150 €

    3º premio: Trofeo.

    Premio ó mellor vestiario en cada categoría

     

    CUARTETOS DE GAITAS:

    1º premio: Trofeo e 250 €

    2º premio: Trofeo e 150 €

    3º premio: Trofeo.

    GAITEIROS SOLISTAS:

    1º premio: Trofeo e 200 €

    2º premio: Trofeo e 150 €

    3º premio: Trofeo.

     

    7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

     

    8. No momento da calificación o xurado terá en conta:

    - Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional (no caso dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas a peza pode ser recollida ou de composición).

    - Dificultade da mesma.

    - Afinación e interpretación.

     

    9. O concurso terá lugar o día  de 5 Abril de 2009 ás 17:00 para os Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas, e o día 19 de Abril de 2009 con horario de mañá e tarde, (aínda por determinar) para os Grupos de Pandereteiras, no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

     

    10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 20 de Marzo de 2009. Poderanse enviar tamén os seguintes correos electrónicos:

    concursogaitacuartetos@yahoo.es

    concursogaitasolista@yahoo.es

    concursopandeireta@yahoo.es

    (segundo a modalidade na que se participe)

     

    11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

     

    12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión

    Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.

     

    13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados. O día  de 5 de Abril de 2009 daranse a coñecer os premios dos Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas e o día  de 19 Abril de 2009 os de Pandereteiras. (Categoría A e C pola mañá e categoría B e D pola tarde).

     

    14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

     

    15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:

    Teléfono: 981 64 11 25

    Tlf. Móbil: 646 87 59 53 (mañás) / 676 23 37 48 (tardes)

    Correo electrónico: xiradela@yahoo.es

    Comments (1)

    Please wait...
    Sorry, the comment you entered is too long. Please shorten it.
    You didn't enter anything. Please try again.
    Sorry, we can't add your comment right now. Please try again later.
    To add a comment, you need permission from your parent. Ask for permission
    Your parent has turned off comments.
    Sorry, we can't delete your comment right now. Please try again later.
    You've exceeded the maximum number of comments that can be left in one day. Please try again in 24 hours.
    Your account has had the ability to leave comments disabled because our systems indicate that you may be spamming other users. If you believe that your account has been disabled in error please contact Windows Live support.
    Complete the security check below to finish leaving your comment.
    The characters you type in the security check must match the characters in the picture or audio.

    To add a comment, sign in with your Windows Live ID (if you use Hotmail, Messenger, or Xbox LIVE, you have a Windows Live ID). Sign in


    Don't have a Windows Live ID? Sign up

    Donde se pode conseguir a folla de inscripción ??
    Mar. 12

    Trackbacks

    The trackback URL for this entry is:
    http://xiradela.spaces.live.com/blog/cns!83D9BF49A6CB0D34!759.trak
    Weblogs that reference this entry
    • None