Asociación Xuve...'s profileAsociación Xuvenil Xirad...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
|
May 28 XXIII DÍA DA MUIÑEIRA DE ARTEIXOO vindeiro día 14 de Xuño as 18:00h terá lugar na Avenida do Balneario o XXIII Día da Muiñeira organizado pola A.X. Xiradela. Podedes descargar tanto as bases como a folla de inscripción se estades interesados en acudir.
Un saúdo
Bases Día Muiñeira.pdf Folla Inscripción.pdf
Premios acadados por "Repenicoque" e "Tarabela"O grupo "Repenicoque" da A.X. Xiradela ven de participar en dous concursos de baile celebrados en Cornellat de LLobregat e en A Estrada, acadando os seguintes premios:
No mesmo concurso celebrado en Cornellá de Llobregat participou o grupo de pandereteiras da A.X. Xiradela "Tarabela" que acadou un:
Noraboa!!!! February 20 X CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL DA A.X. XIRADELAX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDERETEIRAS CUARTETOS DE GAITAS GAITEIROS SOLISTAS
BASES
1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.
2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión).
3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos. CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos. CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos. CATEGORÍA D: de 18 anos en diante. Nas modalidades de cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas, haberá unha soa categoría sen límite de idade.
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. Os participantes poderán concursar en tódalas modalidades, sen embargo non poderán concorrer en máis dun grupo en cada unha delas. Na modalidade de cuartetos de gaita, sí poderán participar en máis dun grupo, sempre e cando non sexa tocando o mesmo instrumento.
6. Os premios serán os seguintes: PANDERETEIRAS: CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 € 2º premio: Trofeo e 150 € 3º premio: Trofeo. Premio ó mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 € 2º premio: Trofeo e 150 € 3º premio: Trofeo. Premio ó mellor vestiario en cada categoría
CUARTETOS DE GAITAS: 1º premio: Trofeo e 250 € 2º premio: Trofeo e 150 € 3º premio: Trofeo. GAITEIROS SOLISTAS: 1º premio: Trofeo e 200 € 2º premio: Trofeo e 150 € 3º premio: Trofeo.
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.
8. No momento da calificación o xurado terá en conta: - Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional (no caso dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas a peza pode ser recollida ou de composición). - Dificultade da mesma. - Afinación e interpretación.
9. O concurso terá lugar o día de 5 Abril de 2009 ás 17:00 para os Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas, e o día 19 de Abril de 2009 con horario de mañá e tarde, (aínda por determinar) para os Grupos de Pandereteiras, no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.
10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 20 de Marzo de 2009. Poderanse enviar tamén os seguintes correos electrónicos: concursogaitacuartetos@yahoo.es concursogaitasolista@yahoo.es concursopandeireta@yahoo.es (segundo a modalidade na que se participe)
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.
12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.
13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados. O día de 5 de Abril de 2009 daranse a coñecer os premios dos Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas e o día de 19 Abril de 2009 os de Pandereteiras. (Categoría A e C pola mañá e categoría B e D pola tarde).
14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos: Teléfono: 981 64 11 25 Tlf. Móbil: 646 87 59 53 (mañás) / 676 23 37 48 (tardes) Correo electrónico: xiradela@yahoo.es November 10 MAGOSTO EN XIRADELAEstades todos invitados á festa do Magosto que se celebrará en Xiradela o día 15 de Novembro ás 19:00h. Haberá castañas e o Sing-Star para todos.
¡NON FALTEDES! September 22 Actividades Curso 08-09Informámosche que, neste mes de Setembro, abrimos o prazo de matrícula para renovar a condición de socio e para inscribirse nas actividades do vindeiro curso 2008/2009.
DATAS E HORARIOS DE MATRÍCULA
A matrícula realizarase no local da Asociación (Polígono de Sabón nº5, Arteixo) 981.641.125 ACTIVIDADE IDADES HORARIO BAILE TRADICIONAL Dende 3 anos Variable segundo a idade PANDEIRETA Dende 5 anos Variable segundo a idade TAMBORIL Dende 8 anos Xoves 20:00/21:00h FLAUTA/GAITA Dende 8 anos Variable segundo a idade GUITARRA Dende 9 anos Sábado: Inic: 11:30/12:30; Perfcc: 12:30/13:30h BAILE MODERNO NENOS De 6 a 12 anos Venres 19:00/20:00 DEBUXO E PINTURA De 7 a 12 anos Luns 18:30/20:00 DANZA DO VENTRE Dende 12 anos Luns 19:30/21:00 DANZA DO VENTRE NENOS De 7 a 12 anos Luns 18:30/19:30 ACORDEÓN Venres 20:00/21:30 April 29 "Chiculateiras" acada un novo premio para XiradelaO pasado domingo 27 de abril celebrouse no Teatro Colón de A Coruña o XIX Concurso de Música Tradicional organizado pola Asociación Xuvenil Xacarandaina. Neste certame, tomaron parte dous grupos da escola de pandeireta de Xiradela: "Zapicada" e "Chiculateiras", ambos encadrados na categoría B, para rapaces e rapazas de entre 10 e 13 anos. Ámbalas dúas formacións ofreceron unha grande imaxe, acadando as "Chiculateiras" o 2º premio da citada categoría.
¡¡¡¡Norabóa rapazas!!!! April 15 Resultados do IX Concurso de Música Tradicional Velaquí os resultados do IX Concurso de Música Tradicional que vimos de celebrar os dous últimos domingos no Centro Cívico Cultural de Arteixo.
CUARTETOS DE GAITAS:
1º PREMIO: Retrouso 2º PREMIO: Os Intrépidos Da Ulla
3º PREMIO: Comarea
GAITEIROS SOLISTAS: 1º PREMIO: Ricardo Manuel Mouriño Freire 2º PREMIO: Adriana Rivas Seijo 3º PREMIO: Roberto Aller Alcalde PANDERETEIRAS/OS:
CATEGORÍA A: (ata os 10 anos) 1º PREMIO: "Meniñas" do grupo de pandereteiras Tarambainas, Lavadores-Vigo
2º PREMIO: "Pedravixía" da A.C. Adro de Baio
3º PREMIO: "Regalía" da AA.VV A Coteleira de Cores-Nemeño
CATEGORÍA B: (de 11 a 13 anos) 1º PREMIO: "Morazón" da A.M.D.T. Queiroa de Mondego-Sada
2º PREMIO: Grupo "C" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos
3º PREMIO: "Maiola" da Asociación Cultural Virxen da Saleta de Silván
CATEGORÍA C: (de 14 a 17 anos) 1º PREMIO: "Taín" da A.C. Adro de Baio
2º PREMIO: "Névedas" da Agrupación Cultural Arume de Verdillo
3º PREMIO: "Grialia"
CATEGORÍA D: (de 18 anos en diante) 1º PREMIO: Pandereteiras "Os Muíños de Oliveira"
2º PREMIO: "Velaí Ven" da A.C Donaire
3º PREMIO: "Trebellos" da A.X. Regueifa
February 18 IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil XiradelaOs vindeiros días 6 e 13 de abril terá lugar a novena edición do Concurso de Música Tradicional organizado pola Asociación Xuvenil Xiradela. As bases que rexirán ó mesmo son as seguintes: 1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen. 2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión). 3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional. 5. Os participantes poderán concursar en tódalas modalidades, sen embargo non poderán concorrer en máis dun grupo en cada unha delas. Na modalidade de cuartetos de gaita, sí poderán participar en máis dun grupo, sempre e cando non sexa tocando o mesmo instrumento. 6. Os premios serán os seguintes: PANDERETEIRAS: CATEGORÍA A e B:
CATEGORÍA C e D:
CUARTETOS DE GAITAS:
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado. 8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 14 de Marzo de 2008. Poderanse enviar tamén os seguintes correos electrónicos:
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables. 12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado. 13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados. O día 6 de Abril de 2008 daranse a coñecer os premios dos Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas e o día 13 de Abril de 2008 os de Pandereteiras. (Categoría A e B pola mañá e categoría C e D pola tarde). 14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela. 15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Se queredes descargar as bases do concurso e maila folla de inscrición no mesmo, aquí tedes os enlaces correspondentes: No caso da folla de inscrición trátase dun documento Word no que xa podedes cubrir os vosos datos directamente para enviarnolos á dirección de correo electrónico correspondente á modalidade na que vos queirades inscribir. Nota: para os que non esteades familiarizados coas descargas dende Rapidshare non vos asustedes porque resulta bastante doado. Non tedes máis que premer en calquera dos enlaces anteriores e seredes conducidos a páxina de Rapidshare. O único que tedes que facer entón é premer no botón que pon "Free". Entón, pediravos que introduzades un código. Unha vez introducido, premedes o botón "Download xxxx" (xxxx será o nome do servidor do que descarguedes o documento pero é irrelevante), e despois duns segundos, iniciarase a descarga. December 16 Xiradela segue colleitando 'boas novas'Os periódicos "La Voz de Galicia" e "La Opinión de A Coruña" recollen, na súa edición de hoxe, a entrega do XVI Premio IAR de Folclore Galego a Xiradela, que tivo lugar onte á noite durante a celebración do Festival Folclórico que o Grupo de Bailes Populares IAR ofreciu no Teatro Rosalía de A Coruña para conmemorar o seu 25º aniversario. Se queredes ver os artigos aquí vos deixamos unhas ligazóns: Por outra banda, queremos agradecer a felicitación que con motivo deste premio nos fixo chegar a Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir a través do seu blog (se queredes velo premede aquí ou consultade a sección Webs de interese). Grazas compañeiros!!!! December 15 Xiradela acada o XVI Premio IAR de Folclore Galego Como xa anunciara na súa edición do luns 3 de decembro o periódico "El Ideal Gallego" (para ver o artigo pulsade aquí), esta tarde farásenos entrega do XVI Premio IAR de Folclore Galego en recoñecemento a nosa traxectoria ó longo destes 25 anos. Será no Teatro Rosalía de A Coruña, no marco do Festival Folclórico que organiza a tal efecto o Grupo de Bailes Populares IAR e que, nesta ocasión, serve tamén como celebración do seu 25º Aniversario. December 02 Máis mencións á Gala "Xiradela 25 anos" Mirade o que acabamos de atopar navegando pola rede de redes: trátase dunha nova mención ó espectáculo do pasado 17 de novembro, así como un par de fotos nas que se pode ver ós bailadores e bailadoras da 2ª e 4ª xeración interpretando Pandeiretada de Caión e Jota, muiñeira e valse de Padreiro de Castriz respectivamente. Aquí vos deixamos o enlace e mailas fotos. ![]() Bailadores e bailadoras da 2ª xeración ![]() Bailadores e bailadoras da 4ª xeración Grazas á xente de Frouma. November 29 Dúas mencións na prensa comarcal ós premios de Repenicoque Aquí vos quedan as ligazóns ós artigos publicados por La Voz de Galicia o luns e o martes na súa edición de Carballo, nos que se fai mención ós premios acadados polo grupo Repenicoque no concurso celebrado o pasado domingo. Acompañámolos da foto que aparece no xornal do martes ó pé do citado artigo, na que se poden ver algunhas das mozas e mozos de Xiradela que participaron nese certame. ![]() November 26 Parabéns Repenicoque!!Despois dunhas semanas protagonizadas polos actos de celebración do noso 25º Aniversario , a Escola de Baile volve a estar de actualidade: neste caso pola actuación do grupo "Repenicoque" que acadou o 2º premio na categoría C e o premio ó mellor vestiario no III Concurso de Baile Tradicional organizado pola Asociación Cultural Santa María de Torás que tivo lugar este pasado domingo no Pavillón Deportivo do IES Agra de Leborís de A Laracha. ¡¡¡¡¡Norabóa compañeiros e compañeiras!!!!! November 18 A gala "Xiradela 25 anos" na prensaOs xornais La Opinión de A Coruña e El Ideal Gallego fanse eco nas súas respectivas edicións de hoxe da celebración da gala "Xiradela 25 anos" onte no Teatro Colón de A Coruña. Aquí vos deixamos un enlace á noticia que aparece na edición dixital de La Opinión de A Coruña, así como a foto que acompaña á mesma. ![]() Bailadores da 4ª xeración interpretando Jota da Fonsagrada November 13 Últimas entradas para a Gala "Xiradela 25 anos"Ante a grande demanda que houbo nos ultimos días temos que anunciar que quedan moi pouquiñas invitacións dispoñibles para a Gala "Xiradela 25 anos" que se celebrará o vindeiro sábado. Así que se estades interesados en acompañarnos nesta festa apresurádevos a recoller a vosa invitación no local de Xiradela. O horario de recollida das mesmas é de 20:00 a 22:00 h. e tedes de prazo ata o venres. Para máis información chamade o teléfono 626654619. November 05 Gala "Xiradela 25 Anos"O vindeiro día 17 de novembro ás 21:00 terá lugar no Teatro Colón de A Coruña a celebración da Gala "Xiradela 25 anos". Este espectáculo, que forma parte do programa de actos organizados para celebrar as nosas vodas de prata, pretende ser un percorrido polos nosos primeiros 25 anos de historia, unha viaxe pola memoria na que rescataremos recordos, vivencias, imaxes, músicas e bailes que marcaron o paso das diversas xeracións de mozos e mozas que formaron e forman parte das agrupacións máis senlleiras da Asociación: o Grupo de Gaiteiros, as Pandereteiras e o Grupo de Danza. Se nos queredes acompañar nesta nosa festa de aniversario, sabede que a entrada é de balde, por invitación, e que, para conseguilas, non tedes máis que solicitalas no número de teléfono 626654619 e/ou achegarvos ata o local de Xiradela para recollelas, a partir do día 9 de novembro para os socios, e dende o día 12 para o público en xeral, en horarios de 20:00 a 22:00 h. durante a semana, e sábados de 12:00 a 14:00 h. Vémonos alí. Non faltedes!!!! September 11 A Exposición en "La Voz de Galicia"O xornal "La Voz de Galicia" faise eco, na súa edición de hoxe, da inauguración da exposición "Xiradela 25 anos" que tivo lugar onte á tarde na Sala de Exposicións do Centro Cívico e Cultural de Arteixo. Se queredes ver a noticia, pinchade aquí. Velaquí tedes a foto que acompaña ó citado artículo: Parte do equipo responsable da montaxe da Exposición un intre antes de inaugurala. September 02 Nerea, estrela no YouTubeNavegando pola Rede pódense atopar centos de cousas curiosas. Desta vez tivemos a sorte de atopar o seguinte vídeo: Aquí está Nerea na súa actuación con Carlos Núñez no "Pequeno Gran Show" da TVG. Para os que non a coñezades, dirémosvos que Nerea é unha rapaza de 9 anos, socia de Xiradela e unha das alumnas das nosas Escolas de Música e Baile, que, como afirma o presentador, vai camiño de converterse nunha grande da música. Como podedes comprobar, talento non lle falta. Polo pronto, co seu vídeo, que recibiu case 5000 visitas nos seis meses que leva colgado, estase a converter nunha estrela do YouTube. August 31 Exposición "Xiradela 25 anos"O vindeiro día 10 de setembro inaugurarase na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo a exposición "Xiradela 25 anos". Encadrada dentro dos actos conmemorativos do noso 25º Aniversario, esta exposición, que permanecerá aberta ata o día 29 de setembro, pretende ser un percorrido polos 25 anos de historia da Asociación a través de fotos, recordos, vídeos,... Non perdades a oportunidade de achegarvos un pouquiño máis a nosa historia |
|
|