Asociación Xuve...: profilAsociación Xuvenil Xirad...FotografieBlogSeznamyDalší ![]() | Nápověda |
|
|
29 dubna "Chiculateiras" acada un novo premio para XiradelaO pasado domingo 27 de abril celebrouse no Teatro Colón de A Coruña o XIX Concurso de Música Tradicional organizado pola Asociación Xuvenil Xacarandaina. Neste certame, tomaron parte dous grupos da escola de pandeireta de Xiradela: "Zapicada" e "Chiculateiras", ambos encadrados na categoría B, para rapaces e rapazas de entre 10 e 13 anos. Ámbalas dúas formacións ofreceron unha grande imaxe, acadando as "Chiculateiras" o 2º premio da citada categoría.
¡¡¡¡Norabóa rapazas!!!! 15 dubna Resultados do IX Concurso de Música Tradicional Velaquí os resultados do IX Concurso de Música Tradicional que vimos de celebrar os dous últimos domingos no Centro Cívico Cultural de Arteixo.
CUARTETOS DE GAITAS:
1º PREMIO: Retrouso 2º PREMIO: Os Intrépidos Da Ulla
3º PREMIO: Comarea
GAITEIROS SOLISTAS: 1º PREMIO: Ricardo Manuel Mouriño Freire 2º PREMIO: Adriana Rivas Seijo 3º PREMIO: Roberto Aller Alcalde PANDERETEIRAS/OS:
CATEGORÍA A: (ata os 10 anos) 1º PREMIO: "Meniñas" do grupo de pandereteiras Tarambainas, Lavadores-Vigo
2º PREMIO: "Pedravixía" da A.C. Adro de Baio
3º PREMIO: "Regalía" da AA.VV A Coteleira de Cores-Nemeño
CATEGORÍA B: (de 11 a 13 anos) 1º PREMIO: "Morazón" da A.M.D.T. Queiroa de Mondego-Sada
2º PREMIO: Grupo "C" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos
3º PREMIO: "Maiola" da Asociación Cultural Virxen da Saleta de Silván
CATEGORÍA C: (de 14 a 17 anos) 1º PREMIO: "Taín" da A.C. Adro de Baio
2º PREMIO: "Névedas" da Agrupación Cultural Arume de Verdillo
3º PREMIO: "Grialia"
CATEGORÍA D: (de 18 anos en diante) 1º PREMIO: Pandereteiras "Os Muíños de Oliveira"
2º PREMIO: "Velaí Ven" da A.C Donaire
3º PREMIO: "Trebellos" da A.X. Regueifa
18 února IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil XiradelaOs vindeiros días 6 e 13 de abril terá lugar a novena edición do Concurso de Música Tradicional organizado pola Asociación Xuvenil Xiradela. As bases que rexirán ó mesmo son as seguintes: 1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen. 2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión). 3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional. 5. Os participantes poderán concursar en tódalas modalidades, sen embargo non poderán concorrer en máis dun grupo en cada unha delas. Na modalidade de cuartetos de gaita, sí poderán participar en máis dun grupo, sempre e cando non sexa tocando o mesmo instrumento. 6. Os premios serán os seguintes: PANDERETEIRAS: CATEGORÍA A e B:
CATEGORÍA C e D:
CUARTETOS DE GAITAS:
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado. 8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 14 de Marzo de 2008. Poderanse enviar tamén os seguintes correos electrónicos:
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables. 12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado. 13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados. O día 6 de Abril de 2008 daranse a coñecer os premios dos Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas e o día 13 de Abril de 2008 os de Pandereteiras. (Categoría A e B pola mañá e categoría C e D pola tarde). 14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela. 15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Se queredes descargar as bases do concurso e maila folla de inscrición no mesmo, aquí tedes os enlaces correspondentes: No caso da folla de inscrición trátase dun documento Word no que xa podedes cubrir os vosos datos directamente para enviarnolos á dirección de correo electrónico correspondente á modalidade na que vos queirades inscribir. Nota: para os que non esteades familiarizados coas descargas dende Rapidshare non vos asustedes porque resulta bastante doado. Non tedes máis que premer en calquera dos enlaces anteriores e seredes conducidos a páxina de Rapidshare. O único que tedes que facer entón é premer no botón que pon "Free". Entón, pediravos que introduzades un código. Unha vez introducido, premedes o botón "Download xxxx" (xxxx será o nome do servidor do que descarguedes o documento pero é irrelevante), e despois duns segundos, iniciarase a descarga. 16 prosince Xiradela segue colleitando 'boas novas'Os periódicos "La Voz de Galicia" e "La Opinión de A Coruña" recollen, na súa edición de hoxe, a entrega do XVI Premio IAR de Folclore Galego a Xiradela, que tivo lugar onte á noite durante a celebración do Festival Folclórico que o Grupo de Bailes Populares IAR ofreciu no Teatro Rosalía de A Coruña para conmemorar o seu 25º aniversario. Se queredes ver os artigos aquí vos deixamos unhas ligazóns: Por outra banda, queremos agradecer a felicitación que con motivo deste premio nos fixo chegar a Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir a través do seu blog (se queredes velo premede aquí ou consultade a sección Webs de interese). Grazas compañeiros!!!! 15 prosince Xiradela acada o XVI Premio IAR de Folclore Galego Como xa anunciara na súa edición do luns 3 de decembro o periódico "El Ideal Gallego" (para ver o artigo pulsade aquí), esta tarde farásenos entrega do XVI Premio IAR de Folclore Galego en recoñecemento a nosa traxectoria ó longo destes 25 anos. Será no Teatro Rosalía de A Coruña, no marco do Festival Folclórico que organiza a tal efecto o Grupo de Bailes Populares IAR e que, nesta ocasión, serve tamén como celebración do seu 25º Aniversario. 29 listopadu Dúas mencións na prensa comarcal ós premios de Repenicoque Aquí vos quedan as ligazóns ós artigos publicados por La Voz de Galicia o luns e o martes na súa edición de Carballo, nos que se fai mención ós premios acadados polo grupo Repenicoque no concurso celebrado o pasado domingo. Acompañámolos da foto que aparece no xornal do martes ó pé do citado artigo, na que se poden ver algunhas das mozas e mozos de Xiradela que participaron nese certame. ![]() 26 listopadu Parabéns Repenicoque!!Despois dunhas semanas protagonizadas polos actos de celebración do noso 25º Aniversario , a Escola de Baile volve a estar de actualidade: neste caso pola actuación do grupo "Repenicoque" que acadou o 2º premio na categoría C e o premio ó mellor vestiario no III Concurso de Baile Tradicional organizado pola Asociación Cultural Santa María de Torás que tivo lugar este pasado domingo no Pavillón Deportivo do IES Agra de Leborís de A Laracha. ¡¡¡¡¡Norabóa compañeiros e compañeiras!!!!! 27 července Un ano de éxitos para as EscolasO pasado día 15 de xullo rematou, coa participación dos grupos da Escola de Baile "Carabilla" e "Repenicoque" no XXVIII Concurso de Baile Tradicional organizado pola Asociación Xuvenil Xacarandaina, a actividade dos grupos das Escolas de Baile e Música da Asociación. E non puido rematar de mellor forma, pois o grupo "Repenicoque" acadou o 3º premio da categoría D . Aquí podedes ver un resumo do ocurrido nesa categoría: A este premio temos que engadir os que aparecen listados a continuación, que foron conseguidos ó longo deste último curso polos diversos grupos da Asociación:
19 července Benvidos!!!¡Saúdos a tod@s! A Asociación Xuvenil Xiradela dávos a súa benvida a este pequeno recuncho que prentendemos se convirta nun punto de encontro con todos aqueles que queiran achegarse a nós e coñecernos máis profundamente. Para iso, trataremos de mantervos puntualmente informados de tódalas novas que se produzan no noso entorno, así como das distintas actividades, actuacións e demáis actos que organicemos ou nos que tomemos parte. Agardamos que este blog vos sexa de utilidade e que vos animedes a achegarnos as vosas impresións, dúbidas, suxerencias,… Ata pronto. |
|
|