Asociación Xuve...: profilAsociación Xuvenil Xirad...FotografieBlogSeznamyDalší ![]() | Nápověda |
|
|
02 prosince Máis mencións á Gala "Xiradela 25 anos" Mirade o que acabamos de atopar navegando pola rede de redes: trátase dunha nova mención ó espectáculo do pasado 17 de novembro, así como un par de fotos nas que se pode ver ós bailadores e bailadoras da 2ª e 4ª xeración interpretando Pandeiretada de Caión e Jota, muiñeira e valse de Padreiro de Castriz respectivamente. Aquí vos deixamos o enlace e mailas fotos. ![]() Bailadores e bailadoras da 2ª xeración ![]() Bailadores e bailadoras da 4ª xeración Grazas á xente de Frouma. 18 listopadu A gala "Xiradela 25 anos" na prensaOs xornais La Opinión de A Coruña e El Ideal Gallego fanse eco nas súas respectivas edicións de hoxe da celebración da gala "Xiradela 25 anos" onte no Teatro Colón de A Coruña. Aquí vos deixamos un enlace á noticia que aparece na edición dixital de La Opinión de A Coruña, así como a foto que acompaña á mesma. ![]() Bailadores da 4ª xeración interpretando Jota da Fonsagrada 13 listopadu Últimas entradas para a Gala "Xiradela 25 anos"Ante a grande demanda que houbo nos ultimos días temos que anunciar que quedan moi pouquiñas invitacións dispoñibles para a Gala "Xiradela 25 anos" que se celebrará o vindeiro sábado. Así que se estades interesados en acompañarnos nesta festa apresurádevos a recoller a vosa invitación no local de Xiradela. O horario de recollida das mesmas é de 20:00 a 22:00 h. e tedes de prazo ata o venres. Para máis información chamade o teléfono 626654619. 05 listopadu Gala "Xiradela 25 Anos"O vindeiro día 17 de novembro ás 21:00 terá lugar no Teatro Colón de A Coruña a celebración da Gala "Xiradela 25 anos". Este espectáculo, que forma parte do programa de actos organizados para celebrar as nosas vodas de prata, pretende ser un percorrido polos nosos primeiros 25 anos de historia, unha viaxe pola memoria na que rescataremos recordos, vivencias, imaxes, músicas e bailes que marcaron o paso das diversas xeracións de mozos e mozas que formaron e forman parte das agrupacións máis senlleiras da Asociación: o Grupo de Gaiteiros, as Pandereteiras e o Grupo de Danza. Se nos queredes acompañar nesta nosa festa de aniversario, sabede que a entrada é de balde, por invitación, e que, para conseguilas, non tedes máis que solicitalas no número de teléfono 626654619 e/ou achegarvos ata o local de Xiradela para recollelas, a partir do día 9 de novembro para os socios, e dende o día 12 para o público en xeral, en horarios de 20:00 a 22:00 h. durante a semana, e sábados de 12:00 a 14:00 h. Vémonos alí. Non faltedes!!!! 11 září A Exposición en "La Voz de Galicia"O xornal "La Voz de Galicia" faise eco, na súa edición de hoxe, da inauguración da exposición "Xiradela 25 anos" que tivo lugar onte á tarde na Sala de Exposicións do Centro Cívico e Cultural de Arteixo. Se queredes ver a noticia, pinchade aquí. Velaquí tedes a foto que acompaña ó citado artículo: Parte do equipo responsable da montaxe da Exposición un intre antes de inaugurala. 31 srpna Exposición "Xiradela 25 anos"O vindeiro día 10 de setembro inaugurarase na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo a exposición "Xiradela 25 anos". Encadrada dentro dos actos conmemorativos do noso 25º Aniversario, esta exposición, que permanecerá aberta ata o día 29 de setembro, pretende ser un percorrido polos 25 anos de historia da Asociación a través de fotos, recordos, vídeos,... Non perdades a oportunidade de achegarvos un pouquiño máis a nosa historia |
|
|