Asociación Xuve...'s profileAsociación Xuvenil Xirad...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
|
February 18 IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil XiradelaOs vindeiros días 6 e 13 de abril terá lugar a novena edición do Concurso de Música Tradicional organizado pola Asociación Xuvenil Xiradela. As bases que rexirán ó mesmo son as seguintes: 1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen. 2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión). 3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional. 5. Os participantes poderán concursar en tódalas modalidades, sen embargo non poderán concorrer en máis dun grupo en cada unha delas. Na modalidade de cuartetos de gaita, sí poderán participar en máis dun grupo, sempre e cando non sexa tocando o mesmo instrumento. 6. Os premios serán os seguintes: PANDERETEIRAS: CATEGORÍA A e B:
CATEGORÍA C e D:
CUARTETOS DE GAITAS:
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado. 8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 14 de Marzo de 2008. Poderanse enviar tamén os seguintes correos electrónicos:
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables. 12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado. 13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados. O día 6 de Abril de 2008 daranse a coñecer os premios dos Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas e o día 13 de Abril de 2008 os de Pandereteiras. (Categoría A e B pola mañá e categoría C e D pola tarde). 14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela. 15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Se queredes descargar as bases do concurso e maila folla de inscrición no mesmo, aquí tedes os enlaces correspondentes: No caso da folla de inscrición trátase dun documento Word no que xa podedes cubrir os vosos datos directamente para enviarnolos á dirección de correo electrónico correspondente á modalidade na que vos queirades inscribir. Nota: para os que non esteades familiarizados coas descargas dende Rapidshare non vos asustedes porque resulta bastante doado. Non tedes máis que premer en calquera dos enlaces anteriores e seredes conducidos a páxina de Rapidshare. O único que tedes que facer entón é premer no botón que pon "Free". Entón, pediravos que introduzades un código. Unha vez introducido, premedes o botón "Download xxxx" (xxxx será o nome do servidor do que descarguedes o documento pero é irrelevante), e despois duns segundos, iniciarase a descarga. |
|
|