Asociación Xuve...'s profileAsociación Xuvenil Xirad...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
|
December 16 Xiradela segue colleitando 'boas novas'Os periódicos "La Voz de Galicia" e "La Opinión de A Coruña" recollen, na súa edición de hoxe, a entrega do XVI Premio IAR de Folclore Galego a Xiradela, que tivo lugar onte á noite durante a celebración do Festival Folclórico que o Grupo de Bailes Populares IAR ofreciu no Teatro Rosalía de A Coruña para conmemorar o seu 25º aniversario. Se queredes ver os artigos aquí vos deixamos unhas ligazóns: Por outra banda, queremos agradecer a felicitación que con motivo deste premio nos fixo chegar a Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir a través do seu blog (se queredes velo premede aquí ou consultade a sección Webs de interese). Grazas compañeiros!!!! December 15 Xiradela acada o XVI Premio IAR de Folclore Galego Como xa anunciara na súa edición do luns 3 de decembro o periódico "El Ideal Gallego" (para ver o artigo pulsade aquí), esta tarde farásenos entrega do XVI Premio IAR de Folclore Galego en recoñecemento a nosa traxectoria ó longo destes 25 anos. Será no Teatro Rosalía de A Coruña, no marco do Festival Folclórico que organiza a tal efecto o Grupo de Bailes Populares IAR e que, nesta ocasión, serve tamén como celebración do seu 25º Aniversario. December 02 Máis mencións á Gala "Xiradela 25 anos" Mirade o que acabamos de atopar navegando pola rede de redes: trátase dunha nova mención ó espectáculo do pasado 17 de novembro, así como un par de fotos nas que se pode ver ós bailadores e bailadoras da 2ª e 4ª xeración interpretando Pandeiretada de Caión e Jota, muiñeira e valse de Padreiro de Castriz respectivamente. Aquí vos deixamos o enlace e mailas fotos. ![]() Bailadores e bailadoras da 2ª xeración ![]() Bailadores e bailadoras da 4ª xeración Grazas á xente de Frouma. |
|
|