Profiel van Asociación Xuve...Asociación Xuvenil Xirad...Foto'sWeblogLijstenMeer ![]() | Help |
|
29 november Dúas mencións na prensa comarcal ós premios de Repenicoque Aquí vos quedan as ligazóns ós artigos publicados por La Voz de Galicia o luns e o martes na súa edición de Carballo, nos que se fai mención ós premios acadados polo grupo Repenicoque no concurso celebrado o pasado domingo. Acompañámolos da foto que aparece no xornal do martes ó pé do citado artigo, na que se poden ver algunhas das mozas e mozos de Xiradela que participaron nese certame. ![]() 26 november Parabéns Repenicoque!!Despois dunhas semanas protagonizadas polos actos de celebración do noso 25º Aniversario , a Escola de Baile volve a estar de actualidade: neste caso pola actuación do grupo "Repenicoque" que acadou o 2º premio na categoría C e o premio ó mellor vestiario no III Concurso de Baile Tradicional organizado pola Asociación Cultural Santa María de Torás que tivo lugar este pasado domingo no Pavillón Deportivo do IES Agra de Leborís de A Laracha. ¡¡¡¡¡Norabóa compañeiros e compañeiras!!!!! 18 november A gala "Xiradela 25 anos" na prensaOs xornais La Opinión de A Coruña e El Ideal Gallego fanse eco nas súas respectivas edicións de hoxe da celebración da gala "Xiradela 25 anos" onte no Teatro Colón de A Coruña. Aquí vos deixamos un enlace á noticia que aparece na edición dixital de La Opinión de A Coruña, así como a foto que acompaña á mesma. ![]() Bailadores da 4ª xeración interpretando Jota da Fonsagrada 13 november Últimas entradas para a Gala "Xiradela 25 anos"Ante a grande demanda que houbo nos ultimos días temos que anunciar que quedan moi pouquiñas invitacións dispoñibles para a Gala "Xiradela 25 anos" que se celebrará o vindeiro sábado. Así que se estades interesados en acompañarnos nesta festa apresurádevos a recoller a vosa invitación no local de Xiradela. O horario de recollida das mesmas é de 20:00 a 22:00 h. e tedes de prazo ata o venres. Para máis información chamade o teléfono 626654619. 05 november Gala "Xiradela 25 Anos"O vindeiro día 17 de novembro ás 21:00 terá lugar no Teatro Colón de A Coruña a celebración da Gala "Xiradela 25 anos". Este espectáculo, que forma parte do programa de actos organizados para celebrar as nosas vodas de prata, pretende ser un percorrido polos nosos primeiros 25 anos de historia, unha viaxe pola memoria na que rescataremos recordos, vivencias, imaxes, músicas e bailes que marcaron o paso das diversas xeracións de mozos e mozas que formaron e forman parte das agrupacións máis senlleiras da Asociación: o Grupo de Gaiteiros, as Pandereteiras e o Grupo de Danza. Se nos queredes acompañar nesta nosa festa de aniversario, sabede que a entrada é de balde, por invitación, e que, para conseguilas, non tedes máis que solicitalas no número de teléfono 626654619 e/ou achegarvos ata o local de Xiradela para recollelas, a partir do día 9 de novembro para os socios, e dende o día 12 para o público en xeral, en horarios de 20:00 a 22:00 h. durante a semana, e sábados de 12:00 a 14:00 h. Vémonos alí. Non faltedes!!!! |
|
|