Asociación Xuve...'s profileAsociación Xuvenil Xirad...PhotosBlogListsMore Tools Help

Asociación Xuvenil Xiradela

Asociación Xuvenil Xiradela

Location
Interests
O noso fin principal é "educar para mellor disfrute do tempo de lecer"
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Contador de Visitas

Visitas recibidas dende o 5 de setembro de 2007

¡Hola a tod@s e gracias por visitarnos!

Este recuncho, que empezou sendo un libro de visitas (sen ningunha firma por certo), transformouse nas últimas semanas nun caderno no que os nosos visitantes dan conta dos seus recordos, anécdotas, contos e demáis historias relacionadas con Xiradela.

Considerando que a motivación xeral do blog non é outra que a de dar a coñecer a Xiradela no mundo, caín na conta de que non hai mellor forma de facelo que a través das experiencias das súas xentes. Así pois,  abrimos aquí un caderno de "Recordos, anécdotas e outras historias" no que recoller todas as vosas lembranzas relacionadas con Xiradela. Podedes empezar polas vosas impresións sobre a Gala, como xa fixemos outros, ou por onde vos queirades ¡Agardamos a vosa participación!

¡Saúdos!

Please wait...
Sorry, the comment you entered is too long. Please shorten it.
You didn't enter anything. Please try again.
Sorry, we can't add your comment right now. Please try again later.
To add a comment, you need permission from your parent. Ask for permission
Your parent has turned off comments.
Sorry, we can't delete your comment right now. Please try again later.
You've exceeded the maximum number of comments that can be left in one day. Please try again in 24 hours.
Your account has had the ability to leave comments disabled because our systems indicate that you may be spamming other users. If you believe that your account has been disabled in error please contact Windows Live support.
Complete the security check below to finish leaving your comment.
The characters you type in the security check must match the characters in the picture or audio.
Noraboa polo 3° Premio no Concurso de Baile Tradicional da Estrada organizado por Tequexeteldere! Son o individuo que subeu á recollida dos premios no nome da Ponte Vella, e o creador do noso pequeno recuncho en internet, http://apontevella.blogspot.com/. Xa vos coloquei un enlace na nosa páxina! Alégorme moito do voso premio na Estrada, xa que, como tuven falando coa vosa parexa, eu estiven vivindo en Arteixo ata fai 2 aniños, ainda non. Algúns xa se darán de conta de quen son!jejeje. NORABOA, Javi.
May 26
moitas felicidades polos premios de barcelona
 
May 20
ola kerialle deci a rapaza k canta o cantar de berce k é unha pasada e k o fai xenial!!!!!!Sonrisa
pois nada mais
moitos bicos para sara!!!!!
e saudos para todos!!
Feb. 16
CARLOSwrote:
Hola, soy Torreira,un exalumno,de Xiradela,de los del principio,vamos que uno se hace ya mayor.Es para mi un placer ver que Xiradela ha llegado tan alto,cosa que no es de extrañar ya que las personas que empezaron con este proyecto tenian mucha fuerza y ganas de alcanzar este objetivo.Os deseo mucha suerte.Mi email es charly38c@hotmail.com.Si alguno se quiere poner en contacto conmigo que me mande un mensaje.Un abrazo .
Feb. 11
No namewrote:
Boa tarde a todos e todas!!!
Parece que se quedou esto un pouco parado...
A min non se me esqueceu...
Pasaron un mar de cousas en casi este ano sen escribir...
Unhas boas e outras non tanto...(como tódolos anos, dirá algun/ha)
As boas escasearon...que queredes que os diga...
E as malas...estou en medio dunha boa...
ROMPÍN DE NOVO OS LIGAMENTOS DUN NOCELLO...
Desta vez os do dereito...
Así que non sei como vou a chegar ao 50 aniversario e bailar ese Chamín!!!!
Pois como me citedes vouno facer, e con ou sen ligamentos voulle petar a saco
Apertas
Nov. 29
May 28

XXIII DÍA DA MUIÑEIRA DE ARTEIXO

O vindeiro día 14 de Xuño as 18:00h terá lugar na Avenida do Balneario o XXIII Día da Muiñeira organizado pola A.X. Xiradela.

Podedes descargar tanto as bases como a folla de inscripción se estades interesados en acudir.

 

Un saúdo

 

Bases Día Muiñeira.pdf                                Folla Inscripción.pdf

 

Premios acadados por "Repenicoque" e "Tarabela"

O grupo "Repenicoque" da A.X. Xiradela ven de participar en dous concursos de baile celebrados en Cornellat de LLobregat e en A Estrada, acadando os seguintes premios:
  • 3ºPremio no IX Concurso da Federacion de Entidades Galegas de Catalunya, celebrado o día 17 de Maio en Cornellá de Llobregat.
  • 3ºPremio no Concurso de Baile Tradicional organizado por "Tequexetéldere", celebrado o día 24 de Maio en A Estrada.

No mesmo concurso celebrado en Cornellá de Llobregat participou o grupo de pandereteiras da A.X. Xiradela  "Tarabela" que acadou un:

  • 2ºPremio no IX Concurso da Federacion de Entidades Galegas de Catalunya

 

Noraboa!!!!

February 20

X CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL DA A.X. XIRADELA

X CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

 

GRUPOS DE PANDERETEIRAS

CUARTETOS DE GAITAS

GAITEIROS SOLISTAS

 

BASES

 

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

 

2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión).

 

3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:

 

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.

CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.

CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.

CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Nas modalidades de cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas, haberá unha soa categoría sen límite de idade.

 

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

 

5. Os participantes poderán concursar en tódalas modalidades, sen embargo non poderán concorrer en máis dun grupo en cada unha delas. Na modalidade de cuartetos de gaita, sí poderán participar en máis dun grupo, sempre e cando non sexa tocando o mesmo instrumento.

 

6. Os premios serán os seguintes:

PANDERETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 €

2º premio: Trofeo e 150 €

3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría

 

CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 €

2º premio: Trofeo e 150 €

3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría

 

CUARTETOS DE GAITAS:

1º premio: Trofeo e 250 €

2º premio: Trofeo e 150 €

3º premio: Trofeo.

GAITEIROS SOLISTAS:

1º premio: Trofeo e 200 €

2º premio: Trofeo e 150 €

3º premio: Trofeo.

 

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

 

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:

- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional (no caso dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas a peza pode ser recollida ou de composición).

- Dificultade da mesma.

- Afinación e interpretación.

 

9. O concurso terá lugar o día  de 5 Abril de 2009 ás 17:00 para os Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas, e o día 19 de Abril de 2009 con horario de mañá e tarde, (aínda por determinar) para os Grupos de Pandereteiras, no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

 

10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 20 de Marzo de 2009. Poderanse enviar tamén os seguintes correos electrónicos:

concursogaitacuartetos@yahoo.es

concursogaitasolista@yahoo.es

concursopandeireta@yahoo.es

(segundo a modalidade na que se participe)

 

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

 

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión

Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.

 

13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados. O día  de 5 de Abril de 2009 daranse a coñecer os premios dos Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas e o día  de 19 Abril de 2009 os de Pandereteiras. (Categoría A e C pola mañá e categoría B e D pola tarde).

 

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

 

15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:

Teléfono: 981 64 11 25

Tlf. Móbil: 646 87 59 53 (mañás) / 676 23 37 48 (tardes)

Correo electrónico: xiradela@yahoo.es

November 10

MAGOSTO EN XIRADELA

Estades todos invitados á festa do Magosto que se celebrará en Xiradela o día 15 de Novembro ás 19:00h. Haberá castañas e o Sing-Star para todos.
¡NON FALTEDES!
October 02

4ª Ruada. A.X. Xiradela (18 de Outubro - 23:00h)

Cartel_4_Ruada_(2008)
 
Como todos estes anos o vindeiro 18 de Outubro a partir das 23:00h celebramos a 4ª Ruada ó carón do centro cívico de Arteixo. Esperamos a vosa visita.
 

Escoita ás Pandereteiras de Xiradela

 
Get your own Moonk!


A música que estades a escoitar pertence ó disco "Xiradela", publicado polas nosas pandereteiras no ano 2002. Velaquí tedes a lista de temas incluídos, así como a portada do disco:

Cantar de traballo e pandeiretada de Caión 05:26
Mazurca e jota de Queimadelos 03:50
Cantar de sega e moliñeira de Candín 03:43
Agharrado da Silva 02:12
Jota de Liñares 01:56
Ruada da Ribeiriña 02:48
Cantar e muiñeira de Fumaces 02:54
Maneo de Xaviña 02:13
Canto de berce, muiñeira e jota de Padreiro de Castriz 03:31
Empuñada e jota de Negreira de Vilamaior 02:16
Añas de Queimadelos 01:39